jueves, 10 de mayo de 2012

Primeira Guerra Mundial

 A batalla de Verdún foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial producida en 1916 na fronte occidental. Constituíu unha das meirandes batallas da guerra e da historia. Durou dende o 21 de febreiro de 1916 ata o 18 de decembro do mesmo ano. Produciuse nun terreo montañoso ao norte da cidade de Verdun-sur-Meuse, no norleste de Francia. Dende o punto de vista francés, foi unha vitoria decisiva que freou as aspiracións alemanas de romper a fronte e avanzar cara París.

CONSECUENCIAS

O obxectivo inicial alemán era o de atacar nun punto onde os franceses non se puidesen retirar e onde tivesen pouco apoio do resto de Francia. O Alto Mando alemán decidiu que Verdún era o punto ideal e encargóuselle o ataque a Erich von Falkenhayn. O xeneral pensaba que un bombardeo masivo de artillaría seguido dun rápido avance de infantería podería ocasionar elevadísimas baixas galas, con poucas baixas dos seus homes.
O obxectivo alemán non foi conseguido, xa que, a pesar de que as baixas francesas foron moi elevadas, non foron moi inferiores as xermanas.
As baixas francesas estimáronse en 371.000 homes, dos cales 60.000 morreron, 101.000 desapareceron e 210.000 resultaron feridos. Os alemáns sufriron 337.000 baixas en total. Calcúlase que aproximadamente o 70% faleceron a causa da artillaría.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario